O pasado martes celebramos o Magosto no colexio, realizamos diferentes Xogos Populares como "O Pano", "Culler - castaña", " Carreira de sacos", "Tres en raia", "Chapa-castaña", "A Rá- castaña"
"Culler -castaña"
O pasado martes celebramos o Magosto no colexio, realizamos diferentes Xogos Populares como "O Pano", "Culler - castaña", " Carreira de sacos", "Tres en raia", "Chapa-castaña", "A Rá- castaña"
"Culler -castaña"
COMEZAMOS O CURSO CO "MÓVETE +" E "A MILLA DIARIA"
Un curso máis seguimos coa modalidade do Plan Proxecta "Móvete +", na que a través da música o alumnado realiza actividade física, xa que ten que adaptar de forma libre e creativa o movemento ao ritmo da música.
Nas clases de E.F realizamos diferentes xogos: aros musicais, imitar os movementos dos compañeiros mentres soa a música, todo isto en cosntante movemento, e ademais favorécese o disfrute do alumnado.
Como xa levamos facendo uns anos, realizamos os últimos días do curso, o tradicional partido entre profes e alumnos. Pasamos un rato moi divertido!
Dentro do Programa Xogade, estivemos realizando ao longo do curso a actividade de Xadrez, houbo moita participación de 3º a 6º de Primaria, sobretodo cando fixemos o acmpionato no noso colexio. A final de curso algúns nenos tamén foron a o campionato provincial en Ourense.
Dende a Consellería coa actividade "GALICIA SABE A MAR" realizouse unha actividade incidindo na alimentación saudable e productos do Mar, probaron mexillóns, algas, atún, etc.