martes, 10 de marzo de 2020

A milla diaria non para

Chova ou quente o sol, no colexio ou no pavillón... o noso alumnado segue empeñado en se converter en auténticos/as atletas. Por iso, incluso cando as clases de Educación Física se desenvolven no polideportivo municipal, continuamos coa nosa labor. E froito dese traballo e ese esforzo xa se comezan a ver efectos positivos sobre os nosos nenos e nenas, pois moitos/as son xa capaces de aguantar todo o percorrido correndo, sen pararse en ningún momento, e outros/as aumentaron notablemente o ritmo de carreira.

Son todos/as uns/unhas campións/oas!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario