martes, 26 de mayo de 2020

A CARREIRA DA MILLA

Durante a 2ª avaliación, unha alumna de 6º tivo un lesión que non lle permitía facer actividade física. Entón aportounos un pequeno traballo no que nos informaba sobre a Carreira da Milla, posible predecesora da nosa Milla Diaria. E decidiu compartilo con todos/as nós.


A MILLA


Durante as décadas dos 50 e os 60 fíxose moi popular unha carreira provinte de Inglaterra, a Carreira da Milla. Nela recorríase esa distancia, unha milla, ou o que é o mesmo, 1609,344 metros.
Actualmente a Carreira da Milla quedou como unha competición ocasional polo seu peso histórico, posto que no ano 1976 a Federación Internacional de Atletismo decidiu oficializar todas as carreiras usando o sistema métrico internacional, polo que esta carreira foi substituída pola de 1500 metros.
En relación con todo isto, e tamén de maneira simbólica, o noso colexio decidiu seguir un programa proposto pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia que propuña recorrer unha milla (andando ou correndo) cada día de luns a venres, dándolle o nome de “Milla diaria”.
Ao igual que na proba histórica, na que se facía nun recorrido a modo de circuíto ao que se lle daban varias voltas, nós fixemos o mesmo no patio do colexio, bordeándoo por completo para facer a volta o máis ampla posible.
A nivel profesional conseguiuse baixar dos 4 minutos como tempo total para completar a proba, contando cos 3:43,23 minutos de Hicham el Guerrouj como record absoluto da proba. No noso caso, o obxectivo non era marcar ningún record, se non aumentar a cantidade de actividade física diaria que todo o alumnado faciamos, por iso o tempo que empregabamos para este percorrido situábase arredor dos 8 minutos.
Ao principio á maioría de nós non nos gustaba nada ter que facer este percorrido cada día antes da clase de Educación Física, algúns non aguantaban todo o tempo correndo… pero co paso do tempo cada vez costábanos menos, e incluso aproveitabamos ese tempo para conversar cos/as nosos/as amigos/as e para pasalo ben.

Martina Cid González

No hay comentarios:

Publicar un comentario